Cando fixemos a 1ª prantación de VOZ NATURA chovía a cántaros pero os bulbos querían ser metidos na terra. Entre escampada e orballo optimista deste que miras para enriba e dis "non chove" fomos pranta que te pranta. Ao remate, coa humidade no corpo ( as profes, porque aos/ás raparig@s dalles o mesmo) todo quedou no seu sitio. E a natureza que faga o seu traballo. Nós aportaremos auga e coidados.
Tamén traballaron moito @s que pintaron as tinallas. Es@s a cuberto, por suposto. Os motivos celtas buscounos Sara, que non escatima tempo para estar diante do ordenador. E así, con persoas tan colaboradoras, dá gusto.
Esto cáseque merecía unha música de fondo. Imos ver que se me ocurre. Coido que esto merece un bolero e nada menos que Ravel. Ahí vai Carlos Núñez ¡a disfrutalo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario