sábado, 6 de marzo de 2010

Magosto

O mércores 18 de novembro celebramos o MAGOSTO. Para esta actividade cada curso de Ed. Infantil e de 1º ciclo de Ed. Primaria deseñaron unha vivenda castrexa con papel de periódico que utilizamos como mantel no chan do patio arredor da que degustamos as castañas. O centro de mesa era unha castaña xigante rechea de periódicos enrugados e adornada ao gusto d@s raparig@s de cada clase. Foi coma unha merenda campestre. Tampouco estivo mal o colgante para o pescozo que facía de contedor para as castañas. O tempo axudou.

2 comentarios:

  1. María colocaches unha foto moi bonita do Magosto.
    Gústame moito a foto que puxetes no teu perfil.
    Que esquiadora máis elgante!!!!
    Deica outra
    Mari Carmen

    ResponderEliminar
  2. Da gusto entrar no noso centro, xa que case sempre hai unha bonita exposición para ver, froitos do outono, entroido...María a verdade é que tes alma de artista.

    ResponderEliminar