domingo, 7 de marzo de 2010

O Antroido castrexo

    O venres 12 de febreiro celebramos o Antroido ao igual que todos os anos. Esta vez tocoulle á cultura castrexa e o resultado foi moi bo tanto no aspecto de variedade de vestimentas como no interese de tod@s por participar, incluídas as familias que viven este día con gran expectación. Chamou a atención a vivenda celta feita con cartóns de leite e pintada con pinturas ecolóxicas. Traballamos así o tema de reciclaxe e coidado do medio ambente, obxectivo entre outros do PROXECTO VOZ NATURA.

2 comentarios:

  1. Resultou unha actividade moi interesante, tanto a vestimenta dos rapaces como a música que se utilizou para o desfile.

    ResponderEliminar
  2. As fotos do Entroido están chulísimas.

    ResponderEliminar