sábado, 13 de marzo de 2010

Primeira prantación de VOZ NATURA



Cando fixemos a 1ª prantación de VOZ NATURA  chovía a cántaros pero os bulbos querían ser metidos na terra. Entre escampada e orballo optimista deste que miras para enriba e dis "non chove" fomos pranta que te pranta. Ao remate, coa humidade no corpo ( as profes, porque aos/ás raparig@s dalles o mesmo) todo quedou no seu sitio. E a natureza que faga o seu traballo. Nós aportaremos auga e coidados.




Tamén traballaron moito @s que pintaron as tinallas. Es@s a cuberto, por suposto. Os motivos celtas buscounos Sara, que non escatima tempo para estar diante do ordenador. E así, con persoas tan colaboradoras, dá gusto.

Esto cáseque merecía unha música de fondo. Imos ver que se me ocurre. Coido que esto merece un bolero e nada menos que Ravel. Ahí vai Carlos Núñez ¡a disfrutalo!

domingo, 7 de marzo de 2010

O Antroido castrexo

    O venres 12 de febreiro celebramos o Antroido ao igual que todos os anos. Esta vez tocoulle á cultura castrexa e o resultado foi moi bo tanto no aspecto de variedade de vestimentas como no interese de tod@s por participar, incluídas as familias que viven este día con gran expectación. Chamou a atención a vivenda celta feita con cartóns de leite e pintada con pinturas ecolóxicas. Traballamos así o tema de reciclaxe e coidado do medio ambente, obxectivo entre outros do PROXECTO VOZ NATURA.

vivenda castrexa como fondo con música ambiental.

O desfile coa vivenda celta de fondo estivo ambientada con música do grupo irlandés GWENDAL http://www.youtube.com/watch?v=h42cO5Wm9wY.
 Logo, para bailar, pachangadas;  pero a de THALIA tén unha letra que merece a pena ser analizada. http://www.youtube.com/watch?v=oS44L6EuOio

sábado, 6 de marzo de 2010

Declaración dos Dereitos das Persoas

Xa que eleximos " a cultura castrexa " como centro de interese para o desenvolvemento das actividades a celebrar ao longo do curso, para conmemorar a Declaración dos Dereitos das Persoas, traballamos co HORÓSCOPO DOS DRUIDAS distribuíndo a cada clase unha árbore e un dereito. Logo fixemos unha exposición que quedou a mar de chula.

Magosto

O mércores 18 de novembro celebramos o MAGOSTO. Para esta actividade cada curso de Ed. Infantil e de 1º ciclo de Ed. Primaria deseñaron unha vivenda castrexa con papel de periódico que utilizamos como mantel no chan do patio arredor da que degustamos as castañas. O centro de mesa era unha castaña xigante rechea de periódicos enrugados e adornada ao gusto d@s raparig@s de cada clase. Foi coma unha merenda campestre. Tampouco estivo mal o colgante para o pescozo que facía de contedor para as castañas. O tempo axudou.