viernes, 3 de diciembre de 2010
miércoles, 5 de mayo de 2010
domingo, 2 de mayo de 2010
martes, 20 de abril de 2010
As árbores nosas
"A árbore é o símbolo do señorío espiritual de Galiza. A árbore é un engado dos ollos, pola súa fermosura; é unha delicia dos oídos, porque nela cantan os paxaros; é un arrolado do espíritu porque nas súas pólas conta contos o vento. A árbore pídelle auga ao ceo para que a terra teña sangue, vida e bonitura". CASTELAO.
domingo, 11 de abril de 2010
viernes, 2 de abril de 2010
Chega a primavera ao noso xardín
Na segunda plantación de VOZ NATURA participaron alumn@s de ed.Infantil e plantaron flores e legumes os nenos e nenas de 4º de Primaria. Disfrutaron moito podando as calas. Fixo algo de vento pero todo saiu ben. Un fotógrafo da Voz de Galicia fíxonos unhas fotos.
martes, 23 de marzo de 2010
sábado, 13 de marzo de 2010
Primeira prantación de VOZ NATURA
Cando fixemos a 1ª prantación de VOZ NATURA chovía a cántaros pero os bulbos querían ser metidos na terra. Entre escampada e orballo optimista deste que miras para enriba e dis "non chove" fomos pranta que te pranta. Ao remate, coa humidade no corpo ( as profes, porque aos/ás raparig@s dalles o mesmo) todo quedou no seu sitio. E a natureza que faga o seu traballo. Nós aportaremos auga e coidados.
Tamén traballaron moito @s que pintaron as tinallas. Es@s a cuberto, por suposto. Os motivos celtas buscounos Sara, que non escatima tempo para estar diante do ordenador. E así, con persoas tan colaboradoras, dá gusto.
Esto cáseque merecía unha música de fondo. Imos ver que se me ocurre. Coido que esto merece un bolero e nada menos que Ravel. Ahí vai Carlos Núñez ¡a disfrutalo!
domingo, 7 de marzo de 2010
O Antroido castrexo
O venres 12 de febreiro celebramos o Antroido ao igual que todos os anos. Esta vez tocoulle á cultura castrexa e o resultado foi moi bo tanto no aspecto de variedade de vestimentas como no interese de tod@s por participar, incluídas as familias que viven este día con gran expectación. Chamou a atención a vivenda celta feita con cartóns de leite e pintada con pinturas ecolóxicas. Traballamos así o tema de reciclaxe e coidado do medio ambente, obxectivo entre outros do PROXECTO VOZ NATURA.
vivenda castrexa como fondo con música ambiental.
O desfile coa vivenda celta de fondo estivo ambientada con música do grupo irlandés GWENDAL http://www.youtube.com/watch?v=h42cO5Wm9wY.
Logo, para bailar, pachangadas; pero a de THALIA tén unha letra que merece a pena ser analizada. http://www.youtube.com/watch?v=oS44L6EuOio
Suscribirse a:
Entradas (Atom)